Recordos dun século de teatro
O arquivo do CDT contaba desde hai décadas cunha pouco coñecida e marabillosa “Colección Teatral de Prensa Madrileña Escollida”, compilada durante preto de 50 anos por un case anónimo afeccionado e estudioso da escena madrileña que, no seu afán por conservar a memoria teatral, anticipa en parte os métodos modernos de aproximación documental ao espectáculo.
Polas páxinas, confeccionadas artesanalmente polo autor da colección, destes 52 volumes de imaxes agora dixitalizadas, o investigador e o curioso, a través do sistema de buscas ou a lectura directa, van atopar infinidade de recortes de prensa, ilustracións gráficas e un número incontable de apuntamentos mecanografiados ou manuscritos, que axudan a delinear certeramente, tamén a gozar, a traxectoria do teatro (os intérpretes, as compañías, as estreas, os locais, as representacións…) en Madrid desde mediados da centuria do século XIX até 1955. Todo iso, entón, coma un gran retablo no que se enmarcan os Recordos dun século de teatro.
Recordos dun século de teatro
Colección teatral de prensa madrileña escollida (1851-1955)
A colección Recordos dun século de teatro, nesta a súa versión dixital, consta de 52 volumes e miles de páxinas que aglutinan, a modo de colección seriada, infinidade de material de prensa (críticas, ilustracións, programas) e apuntamentos escritos que achegan ao investigador e ao afeccionado á actividade escénica en Madrid desde a segunda metade do século do XIX até mediados do século XX.
Accións de documento