Documentos para la Historia del Teatro español
O CDT presenta un proxecto de investigación que busca a innovación no seu formato e nos seus contidos: miles de documentos dixitalizados (prensa, fotos, vídeos, carteis...) organizados por seccións para un acceso máis fácil que irán debullando con fidelidade e de modo atractivo a historia do teatro español nos últimos setenta anos.
Documentos para la Historia del teatro español é un proxecto de investigación que quere convocar a todas as persoas que aman o teatro; por suposto, aos investigadores, estudantes e estudosos, que acharán nel datos preciosos para os seus traballos, pero tamén aos profesionais da escena, presentes e futuros, que atoparán paso a paso as inmediatas raíces históricas do seu oficio, o mesmo que a xornalistas e críticos que obterán fontes fiables para o seu traballo. Sen esquecer a tantos afeccionados ao teatro que poderán atopar, coma se fose un vello álbum familiar, a pegada de tantos nomes míticos, de tantas anécdotas instaladas na memoria individual ou colectiva.
Actualmente non hai elementos neste cartafol.
Accións de documento